Pa'xón por ler


“Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo
que espera; destruido, un corazón que llora”.
(Proverbio hindú).

Thursday 29 September 2011

Buero Vallejo

Ola meus querid@s lectores,

Tal día coma hoxe naceu en Guadalaxara (onde irán os de 5º, 6º de Primaria e os de 2º de ESO pola inmersión lingüística), don Antonio Buero Vallejo. Gran dramaturgo castelán, escribiu moitísimas obras de teatro :
  • Historia de una escalera (1949)
  • En la ardiente oscuridad (1950)
  • La tejedora de sueños (1952)
  • La señal que se espera (1952)
  • Casi un cuento de hadas (1953)
  • Irene o el tesoro (1954)
  • Las cartas boca abajo (1957)
  • Hoy es fiesta (1955)
  • Un soñador para un pueblo (1958)
  • Las Meninas (1960)
  • El concierto de San Ovidio (1962)
  • El tragaluz (1967)
  • La doble historia del doctor Valmy (1968)
  • El sueño de la razón (1970)
  • La detonación (1977)
  • En La llegada de los dioses (1971),
  • La Fundación (1974)
  • Jueces en la noche (1979)
  • Caimán (1981)
  • Diálogo secreto (1984)
  • Lázaro en el laberinto (1986)
  • Música cercana (1989)
  • Las trampas del azar (1994)
  • Misión al pueblo desierto (1999)
Entre elas, teño a honra de ter representado "A Bufarda" (El tragaluz) de gran compromiso político-social na España da post-guerra. Moitas das súas obras non son para o público xuvenil, mais é parte da historia de España.
Naceu en Guadalaxara no seo dunha familia de clase media, estudou na súa cidade natal ata que a súa familia marcha a Madrid en 1934 e Buero matricúlase na Academia de Belas Artes de San Fernando. Na Guerra Civil Española loitou nun batallón de infantería e tras ela foi condenado a morte, conmutada logo de oito meses. En 1946 obtén a liberdade e retoma a súa carreira pictórica, que queda definitivamente interrumpida tras conseguir o Premio Lope de Vega por Historia de una escalera, obra clave do teatro de posguerra en España polo que supuxo de renovación. Adaptou ao castelán a Shakespeare, Ibsen e Bertolt Brecht. En 1959casou coa actriz Victoria Rodríguez. En 1963 recibe autorización para saír ao estranxeiro e dará unha serie de conferencias en diversas cidades nos anos seguintes. Elixido membro da Real Academia Española en 1971. Premio Cervantes en 1986.

E un pouco de "Historia de una escalera", para deixar a intriga.....



quen sabe? Ao mellor estará no noso repertorio de obras representadas....veremos....

Unha aperta moi forte, e a ler!!!.....

Biblioteca Panxón

Thursday 10 March 2011

Ano de Álvaro Cunqueiro



Ola amig@s lectores,

Este ano celébrase o 100 aniversario do nacemento dun dos nosos escritores: don Álvaro Cunqueiro. Para min, en particular, é importante pola súa dramaturxia, pero dende logo, como podedes ler, non soamente escribiu para teatro. Aquí vos deixo unha pequena escolma de cousas deste "incerto señor"



BIOGRAFÍA:
Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911. Na botica do pai tivo a oportunidade de entrar en contacto coas historias e cos tipos populares do país. En 1922 transladouse a Lugo para cursar o Bacharelato, e despois a Compostela para estudar Filosofía e Letras, onde se decantou polas tertulias e as lecturas antes do que polas aulas. Descubriu así a obra de autores como Yeats, Rilke, Breton, Verlaine e outros vangardistas que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios. Nas tertulias do Derby e do Español coincidirá con García-Sabell, Torrente Ballester,Carvalho Calero, Luís Seoane, Maside, Colmeiro e moitos outros integrantes do movemento artístico compostelán. Estes contactos estimularon a Cunqueiro a tomar consciencia do país e da lingua. De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (Papel de color, Galiza, Editorial Un...) inseridas no ambiente vangardista da época. Na liña vangardista publicou os poemarios Mar ao Norde (1932),Cantiga nova que se chama Ribeira (1933) e Poemas do si e do non (1933). Afiliado á Falanxe desde 1937, Cunqueiro exerceu
de mestre en Santa Marta de Ortigueira e de periodista en Vigo, Donostia e Madrid. En 1944 o réxime retiroulle o carné de xornalista e voltou a Mondoñedo. Comezou neses anos a súa andaina como narrador galego: novelas (Merlín e familia i outras historias, As crónicas do Sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas) e libros de relatos (Escola de Menciñeiros, Xente de aquí e de acolá...). Tamén retoma a escrita de pezas dramáticas, como O incerto señor Don Hamlet Príncipe de Dinamarca (1958). Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que fixou a súa residencia na cidade olívica para traballar no xornal Faro de Vigo. Desde 1978, en que gaña unha bolsa vitalicia da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e até a súa morte en 1981, sucedéronse as homenaxes: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedrón de Ouro do Patronato Rosalía de Castro, homenaxe pública en Vigo... A superación do concepto tradicional dos xéneros, a intertextualidade e coherencia do seu universo literario, a recreación de figuras e mitos, o tratamento do elemento popular e a incorporación de técnicas propias da oralidade serán os trazos que identifiquen a produción do multifacetado escritor, nunha magna obra que conforma un corpus inzado de coñecementos etnográficos, plásticos, musicais, filolóxicos e literarios. O seu extraordinario testamento poético ficou recollido baixo o título de Herba aquí ou acolá (1980).



X.M. Álvarez Blázquez, Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro, D. García Sabell, Ánxel Fole, Francisco F. Del Riego e Otero Pedrayo.









Cantiga nova que se chama Riveira (1933):

4.

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente
cousas de recén casada, meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

FOTOBIOGRAFÍA:


ENTREVISTA:


Agardo que todo isto servira para que alguén aprendera un pouquiño máis sobre a Cultura Galega, sobre a vida e obra de don Álvaro Cunqueiro, e sobre as letras e literatura en xeral.

Apertas a tódol@s lectores


Friday 4 March 2011

Contos en lingua de signos

Ola compañeir@s lectores,

O pasado día 4 de marzo, xoves, ás 12:00 en primeira quenda para 4º, 5º e 6º de Primaria; e ás 13h. en segunda quenda para 1º, 2º e 3º de Primaria. O Alumnado do ciclo formativo de Lingua de Signos da Escola de Povisa, representou no noso centro, no salón de actos unha escolma de 4 contos clásicos.
Os contos foron: "Os tres porquiños", "Cincenta", "Riciños de ouro" e "A princesa e o chícharo".

Durante esta semana, o Alumnado do noso centro aprendeu a dicir en lingua de Signos as seguintes expresións: Sí , Non, Graciñas, Ata logo, Por favor, Bós días, Gústame e aplaudir en lingua de signos.

Deixámosvos cun pequeno vídeo dun dos contos que representaron:



Por se acaso, temos aquí unha pequena demostración dunhas expresións básicas en Lingua de signos. Propoñemos que as aprendades:

Expresións básicas

Iso é todo polo momento, no próximo post, mostraremos algunhas fotos do evento, así como publicaremos un pouco sobre o ano do noso querido Álvaro Cunqueiro.

Apertas queridos lectores

Vémonos na próxima lectura.

Wednesday 3 November 2010

Revista Nós

Ourense homenaxeou o 30 de outubro á Xeración Nós, o grupo de ilustres galegos, ourensás na súa maioría, que en 1920 alumbraron unha publicación identitaria coa terra galega e co idioma das súas xentes, cunha batería de actos que se desenvolveron pola mañá no Concello de Ourense e no Centro Cultural da Deputación, culminando cunha sesión extraordinaria da Real Academia Galega.

As fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Penzol e Isla Couto fixeron un manifesto conxunto no que lembran á revista como 'un dos grandes fachos de referencia da nosa cultura contemporánea e da nosa modernidade, unha ambiciosa plataforma intelectual e patriótica'; en definitiva, din, foi 'unha idea feliz que naceu en Ourense pero que foi quen de integrar a Galicia toda'.

(Fonte: La Región)

Monday 1 November 2010

Jose A. Labordeta

Ola a tod@s,

Outra homenaxe un pouco tardía a outro home loitador pola democracia, polo pobo de Aragón e polas liberdades.

Hablo, por hablar,
hoy que está desierto el mar
y una paz agreste invade
estas turolenses llamaradas
de fuego y de dolor.

Hablo del día a día que sucede,
de las tardes que adiós nos despedimos,
de los hijos que llegan,
de las tierras que acogen nuestros cuerpos
y de todo aquello
que va formando, al fin, nuestra figura.

Del paso indefinido
hablo también

y hablo, para quedar en paz con mi conciencia,
del tiempo jamás recuperado,
huido entre sonrisas, adioses y lágrimas,
que nadie reservó para el otoño.

Hablo del campesino y de su hondura,
del herrero que fragua su tristeza,
del minero que invade las entrañas,
del poeta que, a solas, agoniza.
Hablo de mi mujer y su esperanza.

Y hablo de este pequeño dios
que ha entrado en casa,
después de tantos días esperado.

Hablo y hablo
y nunca sé por qué guardar silencio.




Agardamos que tamén podades ler máis cousas desta gran persoa.

Apertas

Pablo

Sunday 31 October 2010

Miguel Hernández

Moi boas,

Non está mal comezar este blog cunha homenaxe a un dos mellores poetas do século XX español. No seu centenario, aquí vai a nosa dedicatoria.



Por suposto, recomendamos a lectura da súa poesía, baixo a perspectiva do que significou a Guerra Civil para a nosa Historia.

Apertas